×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia estivo presente o pasado 18 de setembro nunha xuntanza celebrada en Madrid na que acudiron representantes de asociacións da industria alimentaria de 7 comunidades autónomas españolas.

A esta reunión asistiron ademais do Clusaga, a Asociación Empresarial de Industrias Alimentarias de Madrid (Aseacam); a Asociación de Industrias Alimentarias de Aragón (Aiaa); Consebro (Asociación de la Industria Agroalimentaria de La Rioja, Navarra y Aragón), a Asociación de Alimentos de Andalucía (Landaluz) e a Asociación de la Industria Alimentaria castellanoleonesa Vitartis. O clúster estivo representado polo seu presidente, Juan Vázquez Gancedo e o seu xerente, Roberto Alonso Ferro.

O evento celebrouse na sede da Confederación Empresarial de Madrid (CEIM-CEOE) e o punto principal foi coordinar accións que contribúan a unha produción industrial máis sostible dende os puntos de vista ambiental, social e económico. Ademais de analizar a conveniencia de fortalecer os lazos de colaboración entre as propias asociacións entre os asuntos a tratar figurou a proposta de constituír un grupo operativo supra-rexional que estude unha estratexia para reducir a perda de alimentos nos procesos de elaboración industriais.

Espérase seguir mantendo este tipo de reunións nos vindeiros meses para poder acadar os obxectivos fixados e formular os novos retos comúns.