×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Clusaga, IGAPE e UDC organizaron un workshop co experto mundial en alimentación e bebidas John Stanton

O CLUSAGA, o IGAPE e a Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea (Grupo de Competencia e Desenvolvemento Rexional na UE) da UDC organizaron o Workshop: Food & Beverage Marketing. Trends on the edge of 2020, impartido por John Stanton.

Nos últimos 25 anos John Stanton empregou a súa paixón pola alimentación para desenvolver unha exitosa actividade profesional tanto no ámbito académico como empresarial. O Dr. Stanton é profesor de marketing alimentario na Universidade de Saint Joseph's e experto recoñecido internacionalmente en marketing.

O evento comezou cunha afectuosa introdución na que estiveron presentes Juan Manuel Cividanes, Director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE); Miguel Otero, Director do Master en Comercio Exterior da USC; e Andrés Faiña, Catedrático Jean Monnet de Economía Industrial Europea UDC.

O profesor Stanton deu gala do seu sentido do humor e aparte dunha maxistral conferencia no ámbito académico tamén deixou o público encantado ca súa peculiar forma de contar as súas experiencias. Na primeira parte da intervención quixo deixar constancia da gran evolución que está experimentando o sector da alimentación, coa aparición de novos espazos onde poder adquirir este tipo de produtos.

Na segunda parte o profesor incidiu nos diferentes actores e puntos que determinan unha cadea de éxito á hora de conseguir un resultado óptimo no sector da alimentación e bebidas, así como estratexias de mercadotecnia que deben ser aplicadas para acadar este punto.