×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Clusaga e Vive Malasaña organizan un encontro con bloggers e prensa especializada para coñecer de primeira man os principais produtos alimentarios galegos

O Clúster Alimentario de Galicia e Vive Malasaña levaron a cabo o pasado 21 de novembro unha xornada na que bloggers gastronómicos e prensa especializada no sector puideron coñecer e probar produtos galegos de gran prestixio.

Este encontro formou parte dos eventos previos e de lanzamento da Semana de Promoción Gastronómica de Galicia en Madrid, tamén organizada polas mesmas asociacións. O obxectivo do evento é promocionar simultaneamente os produtos gourmet das empresas galegas no mercado local asociado a súa orixe e ao seu valor culinario: mariscos, algas, carne, ovos, viños, licores, cafés, produtos lácteos e queixos. A promoción da imaxe conxunta de Galicia coma orixe de alimentos e bebidas auténticos, de alta calidade, naturais e sostibles.

O primeiro acto tivo lugar o pasado día 13 de novembro cunha masterclass de cociña coa materia prima dos produtos galegos, elaborados de forma innovadora polos chefs de recoñecido prestixio: Fran Silva, Tino Otero, Luis Vázquez e Oliver Fernández.

As marcas que participan nestes actos son Pazo de Vilane, Campo Capela, Quescrem, Portomuiños, Coren, Torre de Núñez, Ameixas de Carril, Mexillón de Galicia, Ternera Gallega e Queixo Arzúa Ulloa, líderes en innovación e en ofrecer ao consumidor a maior calidade do mercado.

Neste encontro con bloggers e prensa acudiron por parte do Clusaga o seu Presidente, Juan Vázquez Gancedo e o seu Xerente, Roberto Alonso Ferro reforzando a importancia que ten para o clúster esta promoción de produtos alimentarios galegos. Tamén tomaron a palabra representantes de Pazo de Vilane, Ameixas de Carril, Campo Capela e Martín Codax que mostraron aos alí presentes documentos gráficos e visuais sobre a calidade dos produtos presentados así como técnicas de innovación e produción no sector da alimentación que os converten non en marcas de moita calidade e prestixio.