×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Clusaga celebra en Budapest unha nova reunión sobre o proxecto Inclusilver e o evento de ideas innovadoras

O Clúster Alimentario de Galicia participou na reunión celebrada en Budapest dentro do marco de colaboración do proxecto Inclusilver. Asemade levouse a cabo nesa mesma capital o evento de ideas innovadoras dentro dos primeiros pasos do programa en nutrición personalizada sénior.

O proxecto Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía sénior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos dende a cooperación de distintos sectores. O obxecto desta convocatoria é a concesión de axudas ao financiamento (cheques) e apoio técnico (servizos) para o desenvolvemento de ideas innovadoras e proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación en produto e no ámbito da nutrición personalizada para a poboación sénior

INCluSilver, está sendo desenvolvido por un consorcio de nove clústeres, liderados por Skane Food Innovation Network, de Suecia, e o Clúster Alimentario de Galicia, entre 2017 e 2020. Está financiado no Programa Europeo Horizonte 2020 co obxectivo xeral de apoiar a colaboración entre grupos de interese clave, en particular empresas, en distintos sectores que facilite o desenvolvemento de ideas innovadoras no ámbito da nutrición personalizada para a poboación sénior.

Nesta última reunión, o Clusaga estivo representada polo seu Xerente, Roberto Alonso e a responsable da área de Innovación, Karolina Iwanowicz; os cales quedaron moi satisfeitos polas liñas de traballo acadadas así como os retos que se van a elaborar nos próximos meses. Por outra banda, as empresas que participaron no evento de ideas, destacaron a importancia de coñecer de forma máis directa as virtudes do proxecto así como a cooperación con outras entidades de diferentes puntos de Europa.