×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Clusaga, APLTA e Eurecat levan a cabo un workshop sobre nutrición infantil

O Clúster Alimentario de Galicia xunto coa participación da Fundació Eurecat e a Universidade de Santiago de Compostela - Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (USC-APLTA) organizaron o workshop: Innovación en alimentos e nutrición infantil o pasado 29 de novembro en Lugo.

Este evento serviu como primeiro paso de actuación dentro do entorno de colaboración do proxecto Ialimentec, financiado polo Ministerio de Economía, cal busca promover a competitividade das empresas a través da colaboración nun entorno virtual aberto (plataforma) facilitando o desenvolvemento de procesos colaborativos de apoio á innovación, con vistas a facilitar a elaboración a nivel piloto de alimentos novos ou mellorados destinados á poboación infantil, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

A xornada arrancou coa benvida aos asistentes por parte de Enrique Arbones, Director da APLTA, e Roberto Alonso, Xerente do Clusaga, os cales deron paso a primeira conferencia do día por parte de Francesc Puiggròs, Promotor Tecnològic Unitat de Nutrició i Salut. EURECAT. Francesc fixo unha exposición sobre declaracións nutricionais e alegacións de saúde en alimentos infantís.

Posteriormente, Karolina Iwanowicz, responsable de proxectos I+D+i do clúster, mostrou as tendencias de consumo en produtos alimentarios infantís así como as novas innovacións que se están facendo a nivel global.

Tras unha pausa para un café-networking, Lara Rodríguez, responsable de proxectos I+D+i do clúster, analizou os puntos chave para o desenvolvemento de novos alimentos en poboación infantil. Alfonso Pérez, máximo responsable de I+D+i do APLTA, explicou tecnoloxías aplicables e metodoloxías de desenvolvemento neste tipo de produtos.

Para rematar elaborouse unha mesa redonda onde se expuxeron diferentes puntos de vista entre a industria, a sanidade e o consumidor. Sabela Oca, Xefa de Innovación de CLUN, mostrou novas liñas de produtos infantís. Alberto Rivadulla, Xerente de ASUETO, deu a súa visión sobre o papel dos país e dos comedores neste ámbito. Ana Martínez do SERGAS abordou as políticas públicas de promoción da saúde en colectivos infantís.

Tras a clausura por parte de Roberto Alonso, os participantes, puideron degustar un cóctel de produtos galegos e desfrutar dunha visita guiada polas instalacións da Aula de Productos Lácteos. Por outra banda, os membros do consorcio de Ialimentec, mantiveron reunións para abordar os aspectos fundamentais do proxecto. Cabe destacar que 5 empresas socias do Clusaga forman parte do mesmo: Innolact, Campomayor, Portomuiños, Freshcut e Daveiga.