×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Celebrouse con éxito a primeira xornada do II Ciclo de Workshops: Programa e Claves no Gran Consumo

O pasado 2 de febreiro 2018 levouse a cabo a primeira xornada do Ciclo de Workshops: Programa e Claves no Gran Consumo organizado polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC).

Neste ciclo daranse a coñecer as últimas tendencias e novidades a diferentes niveis: comprender as motivacións do consumidor na compra de produtos saudables, coñecer as claves da innovación e o surtido na grande distribución actual e definir unha estratexia promocional efectiva no punto de venda.

A primeira xornada enfocouse no comportamento de compra no punto de venda e as estratexias máis efectivas, así como o cambio nos hábitos de consumo debido á preocupación pola saúde cun especial interese nos produtos eco/bio a través dun estudo realizado nos consumidores de toda España e presentado por Xavier Cros, responsable de Aecoc Shopper View. Belén Lerma, responsable de Desarrollo de Servicios del Área de Estrategia Comercial eMarketing expuxo o punto de vista da distribución.

No workshop participaron representantes de empresas socias e non socias do Clusaga pertencentes a diversos sectores dentro do eido da alimentación, os cales puideron participar entre eles e así cos formadores, comentando a súas impresións como empresarios no ámbito do mercado de produtos eco/bio, así como a visión do mesmo en outras rexións europeas ou mundiais, onde a forma de traballar non sempre se corresponde coa habitual en Galicia ou España. Isto permitiu que os coñecementos adquiridos fosen aínda máis amplos.

O coñecemento das motivacións de consumo e a mellora da eficiencia nos plans de actividade promocional no punto de venda é imprescindible para identificar novas oportunidades, responder as necesidades do comprador, diferenciarse e incrementar as vendas na gran distribución.