×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Celebrado con éxito o workshop sobre innovación en nutrición personalizada para a poboación sénior no marco do proxecto europeo INCluSilver

O pasado 27 de Abril celebrouse nas instalacións do Clúster Alimentario de Galicia un workshop sobre innovación en nutrición personalizada para a poboación sénior no marco do proxecto europeo INCluSilver.

O proxecto Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía sénior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos de distintos sectores, orientada ao segmento poboacional de máis de 50 anos.

INCluSilver, está sendo desenvolvido por un consorcio de nove clústeres, liderados por Skane Food Innovation Network, de Suecia, e o Clúster Alimentario de Galicia, entre 2017 e 2020. Está financiado en 4.115.121 €, no Programa Europeo de desenvolvemento e innovación Horizonte 2020.O obxectivo xeral do Proxecto INCluSilver é apoiar a colaboración entre grupos de interese clave, en particular empresas, en distintos sectores que facilite o desenvolvemento de ideas innovadoras no ámbito da nutrición personalizada para a poboación sénior.

O obxectivo da xornada foi a presentación do proxecto, as súas convocatorias de axudas e servizos e os diferentes instrumentos de apoio a nivel europeo á colaboración e innovación no ámbito da nutrición para a poboación sénior, asemade presentaranse os primeiros proxectos de innovación neste eido que se están a levar a cabo apoiado no marco de INCluSilver e outras iniciativas europeas coma ou EIT Food.

A xornada foi inaugurada polo Director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Juan Cividanes e asemade contou coa presencia de tódolos clústers europeos involucrados no proxecto, os cales mantiveron unha reunión o día anterior para avaliar a situación actual de INCluSilver e os paquetes de traballo do futuro.