×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Instituto de Comercio Exterior - ICEX convoca o Programa de Bolsas en Empresas 2017, que pon a disposición das empresas españolas a profesionais titulados universitarios en diferentes especialidades con dominio de varios idiomas que concluíron con éxito un Máster de Comercio Exterior no ICEX e un ano de traballo no ICEX ou nunha Oficina Económica e Comercial das Embaixadas de España no exterior.

Obxecto

O obxecto do programa é apoiar á empresa coa incorporación de profesionais acreditados a un coste moi reducido ó estar subvencionados en gran parte polo ICEX, á vez que permitir ó bolseiro que terminou a súa formación traballar nunha empresa e aplicar na práctica os coñecementos adquiridos.

Este programa ten por obxectivo completar a formación e, finalmente, promover a inserción laboral de estes xoves profesionais que concluíron satisfactoriamente a súa primeira fase de aprendizaxe co ICEX. Materialízase mediante a posibilidade de realizar prácticas durante un ano en empresas e en entidades españolas con actividade internacional.

Financiación

En canto á dotación do bolseiro o ICEX cubre o 50% da dotación bruta anual se as prácticas se desenvolven nunha Peme ou entidade, e o 30% da dotación bruta anual no caso de que se desenvolvan nunha gran empresa. Asemade, cubre o custo do seguro de accidentes e asistencia en viaxes.

A dotación das prácticas ven fixada polo ICEX. O seu importe oscila entre 21.000 € e 48.000 € brutos anuais en función do destino asignado. A dotación bruta anual para España queda establecida en 23.000 €.

Duración

O Programa de formación na empresa ou entidade terá unha duración de 12 meses, iniciándose no mes de febreiro de 2017.

Requisitos

O programa está dirixido ás empresas e entidades que reúnan os seguintes requisitos que estean constituídas xurídicamente en España; que teñan actividade internacional ou un proxecto sólido de internacionalización empresarial en fase de execución e que presenten un plan estruturado coa formación que aportarán ao bolseiro, que contemple e detalle as competencias a desenvolver, funcións a realizar e unha planificación das actividades programadas para o período completo das prácticas.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 30 de setembro de 2016.

Máis información

Poden obter máis información ou realizar calquera consultas relativas ao contido do Programa á dirección de correo electrónico do Departamento de Bolsas de ICEX becas@icex.es

Convocatoria Inscrición