×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Finalidade e obxectivo

O obxecto das axudas reguladas nestas bases da Consellería do Medio Rural para investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2016.

Beneficiarios

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables.

Investimentos subvencionables

Considéranse subvencionables os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado, se estes son un compoñente menor do produto final.

Porcentaxe máximo das axudas

A contía máxima subvencionable é do 50%.

Conceptos subvencionables

a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados ás letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade.

Solicitudes

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde.

Referencia lexislativa

Resolución do 22 de decembro de 2015 (DOG Nº247 do 29/12/2015)- Bases regulatorias e convocatoria 2016.

Máis información

Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural. San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 40 01 Información web: http://mediorural.xunta.es/

Convocatoria