×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Asia: Mercados de oportunidades para a exportación de alimentos e bebidas

Presentación da xornada Asia: mercados de oportunidade

O Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración coa EU Indonesia Business Network (EIBN) e o EU SME Centre China, organizou o 3 de outubro, en Santiago de Compostela, unha xornada de traballo sobre as oportunidades de negocio no mercado asiático no sector dos alimentos e bebidas. A xornada, contou coa presenza de expertos que presentaron as oportunidades de negocio en liña coas tendencias de consumo nos países asiáticos e, de forma específica, nos mercados de China e Indonesia.

Asia o gran mercado de alimentos e bebidas

Asia, como continente, revélase como unha terra de oportunidades para o sector alimentario e de bebidas. De feito, segundo o ranking elaborado por FIAB, China e o conxunto de países englobados dentro do epígrafe Sueste Asiático (Singapore, Vietnam, Filipinas, Indonesia e Malaisia) ocupan os primeiros lugares coma mercados preferentes, en concreto, estes territorios concentran un dos maiores potenciais de crecemento macroeconómico e respecto a exportacións de alimentos e bebidas.

Asia en xeral, e China e Indonesia en particular, eríxense coma obxectivo para as exportacións galegas do sector de alimentación e bebidas grazas á puxanza e crecemento constante que rexistran estes mercados. Mostrándose coma un gran mercado en franca expansión e que goza dunhas boas perspectivas de desenvolvemento, sendo ao mesmo tempo, un mercado cada vez máis esixente e desexoso de probar produtos innovadores.

A xornada

Esta xornada tiña coma obxectivos obter unha visión en profundidade dos principais mercados asiáticos de alimentos e bebidas, coñecer o comportamento dos consumidores deses países, analizar o sistema de acceso e regulamentos de entrada neste sector e os casos de éxito. Asemade de coñecer os apoios á internacionalización empresarial para accións a desenvolver nos mercados asiáticos.

Nesta liña Miguel Otero, director do Máster de Comercio Exterior MASCOMEX da Universidade de Santiago de Compostela, fixo unha introdución aos principais mercados da rexión, a continuación, a xerente de Shanghai Galicia Business Consulting, Yolane Japhet, presentou as características do mercado chinés, onde unha demanda crecente de produtos de calidade e conectados coa orixe unidos á positiva valoración do produto español outorgan ás empresas galegas unha boa posición de partida. Pola súa banda, Sri Kumala Chandra, representante do EIBN, achegou aos asistentes ao mercado indonesio presentando as súas características xerais e facendo fincapé nos requisitos legais necesarios para exportar a este mercado emerxente, así como nos produtos cunha demanda de consumo crecente.

A xornada contou ademais coa presenza cun representante do Instituto Galego de Promoción Económica IGAPE, que debullou as axudas que a administración galega ofrece á exportación. Por último, Pablo Buján de Bodegas Martín Códax relatou a súa experiencia nestes países, especialmente China, coma caso de éxito e referente para as empresas interesadas en exportar a Asia.