×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
As tendencias actuais en branding en alimentación e bebidas analizadas no Foro Galicia Alimentación

A xornada de traballo contou ca presenza de D. Julio Cerviño Fernández, Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, Universidade de Santiago de Compostela, Master en International Business, Washington University, EE.UU., MBA, Universidade Autónoma de Madrid. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais, Universidade Autónoma de Madrid. Actualmente é Profesor Titular de Mercadotecnia da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) e Codirector do Máster en Dirección Internacional de Empresas da UC3M. `

Ademais é Asesor Técnico da Asociación de Marcas Renombradas Españolas, Consultor asociado de Positioning Systems Trout & Partners. Tamén conta cunha ampla experiencia profesional na área de mercadotecnia en empresas multinacionais e é autor de númerosos libros e artigos na área de mercadotecnia internacional e xestión estratéxica de marcas. Recibiu diversos premios nacionais e internacionais na área de mercadotecnia.

Os participantes puideron coñecer de primeira man a ampla experiencia profesional de Julio Cerviño e recoller as súas impresións sobre as tendencias actuais en branding en alimentación e bebidas. A introdución foi realizada polo presidente do Clúster Alimentario Juan A. Vázquez Gancedo que agradeceu a presenza do señor Cerviño e os demais participantes.

Tras a ponencia os asistentes desfrutaron dun xantar-coloquio no que puideron conversar e intercambiar opinións sobre a conferencia, ademais de outros aspectos relacionados cos seus ámbitos de traballo, xa que moitos dos alí presentes desenvolven as súas tarefas empresariais no campo da mercadotecnia. O evento foi clausurado por Miguel Otero Simón, director do Mascomex USC.