×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
As empresas do sector analizan o comportamento de compra da poboación senior

asistentes ao workshop sobre o comportamento de compra do target senior

Co fin de ampliar o coñecemento do panorama actual e as claves de futuro aplicado a casos prácticos o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) ven de organizar un ciclo de tres xornadas onde se deron a coñecer as últimas tendencias e novidades a diferentes niveis: comprender as motivacións do consumidor senior, un segmento clave de futuro, coñecer as claves da grande distribución actual e definir unha estratexia promocional efectiva no punto de venda.

Neste contexto, hoxe tivo lugar a terceira das xornadas sobre as claves do comportamento de compra dos seniors. A xornada, que tivo lugar na sede do clúster, contou coa participación de representantes de varias empresas asociadas do sector da alimentación e das bebidas. A xornada, estivo impartida por Xavier Cros, responsable Shopper Knowledge AECOC e contou coa ponencia de Oriol Flo de Bluemap Consulting Group o que amosou casos prácticos no comportamento de compra do target senior.

O target senior

Os targets seniors son estratéxicos tanto para fabricantes como distribuidores pola crecente importancia deste grupo poboacional existindo numerosas oportunidades de mercado, polo que é importante para abordar as necesidades e requirimentos deste grupo demográfico.

Nesta liña, o obxectivo da xornada foi coñecer como é o comportamento de compra da poboación senior e extraer insights relevantes de como adaptar a estratexia a este target. Trátase dun colectivo con grandes diferenzas no comportamento de compra respecto ao resto de colectivos, polo que a adaptación de formatos, a activación do punto de venda, as promocións, a comunicación e o packaging son clave.

Deste xeito, na xornada dende a AecocShopperView, plataforma de estudo de comprador, identificáronse os diferentes segmentos que existen dentro de este grupo e as características de cada un deles. Tamén se analizaron detalladamente os aspectos que definen a compra dos seniors, entre eles, as categorías que mercan, os establecementos ós que acoden, a importancia que teñen as innovacións para eles e cales consideran que se deberían innovar, asi como os aspectos que máis lles preocupa do etiquetado dos produtos.