×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
A xunta directiva valora o primeiro ano de execución do Plan Estratéxico 2016-2020

xuntanza de traballo da xunta directiva na sede de ANFACO

A xunta directiva do Clúster Alimentario de Galicia celebrou a súa reunión trimestral na sede de ANFACO CECOPESCA en Vigo, durante a cal foi presentado o Informe Anual onde se recollen as actividades desenvolvidas polo Clúster Alimentario durante o ano 2016.

Deste xeito, en liña co obxectivo estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia de impulsar o crecemento sustentable, mellorar a competitividade e a internacionalización do sector alimentario enunciáronse as actividades e proxectos para o fomento da I+D e a capacidade innovadora, a facilitación da adaptación ás tendencias de consumo e o acceso a novos mercados das empresas asociadas. Neste caso destacan a consolidación dos servizos de información, o programa de accións promocionais internacionais, os proxectos de implantación exterior, a preparación de proxectos de I+D+i e as misións tecnolóxicas.

Destaca asemade no informe a implementación do novo eixe estratéxico de capital humano, emprendemento e avance cara a fábrica do futuro que tivo o recoñecemento nos Premios aos Proxecto piloto 4.0, convocados polo IGAPE.

Por último, destacouse a importancia da consolidación e proxección do Clúster Alimentario de Galicia co incremento da masa crítica e da execución dun plan de comunicación e a participación en redes europeas, entre outros.

Logo da reunión, os participantes tiveron a posibilidade de visitar as instalacións do Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria, un novo centro que permitirá ampliar a capacidade tecnolóxica e innovadora do sector alimentario en Galicia.