×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
A xunta directiva do Clúster Alimentario de Galicia valora a execución do Plan Estratéxico 2016-2020

A xunta directiva do Clúster Alimentario de Galicia celebrou a súa reunión trimestral no hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela, durante a cal foi presentado o Informe Anual onde se recollen as actividades desenvolvidas polo Clúster Alimentario durante o ano 2016 así como o balance de contas do mesmo período.

Neste evento tamén se presentou as novas altas e baixas de asociados dende a última reunión, ademais dunha proposta de elección de xunta directiva e convocatoria de asemblea. Por outra banda mostrouse o programa de actuacións de este 2017 así como os proxectos previstos para o mesmo. Asemade foi presentado o Orzamento do ano 2017.

Deste xeito, en liña co obxectivo estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia de impulsar o crecemento sustentable, mellorar a competitividade e a internacionalización do sector alimentario enunciáronse as actividades e proxectos para o fomento da I+D e a capacidade innovadora, a facilitación da adaptación ás tendencias de consumo e o acceso a novos mercados das empresas asociadas. Neste caso destacan a consolidación dos servizos de información, o programa de accións promocionais internacionais, os proxectos de implantación exterior, a preparación de proxectos de I+D+i e as misións tecnolóxicas.

Logo da reunión, os participantes tiveron a posibilidade de asistir a unha conferencia-xantar sobre marketing alimentario e internacionalización impartida por D. Enrique Aygües, director de exportacións e marketing do grupo CAMPOFRÍO tras 15 anos vinculado ao mesmo. Asemade é socio e director xeral da empresa AGROMARKETING onde desempeña unha ampla labor como consultor de marketing.