×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
A xunta directiva do Clúster Alimentario de Galicia inicia o traballo do novo Plan Extratéxico 2015-2020

xunta directiva

O Clúster Alimentario de Galicia organizou a primeira reunión da xunta directiva para a programación e a posta en marcha do traballo de elaboración e redacción do novo Plan Estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia no que se definirán os eixos estratéxicos da organización co Horizonte no ano 2020.

O Plan Estratéxico 2015-2020

Na xestión, previsións de futuro ou procesos de planificación, as organizacións enfróntanse a numerosos retos derivados da súa existencia nunha contorna en continuo cambio que se reconfigura segundo os escenarios socioeconómicos onde actúan. Por iso, a Planificación Estratéxica é unha ferramenta clave para reflexionar sobre a identidade, contorna, traxectoria e futuro do CLUSAGA.

Con esta finalidade, xa no período final de execución do Plan Estratéxico 2011-2015, a xunta directiva do Clúster Alimentario de Galicia aprobou a programación e o inicio dos traballos para a definición dunha nova folla de ruta para os vindeiros cinco anos, en definitiva, trazar un mapa que guíe os pasos para acadar a nosa visión e converter os proxectos en accións.

O equipo do novo plan estratéxico volverá a estar liderado por Edelmiro López, do Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia, IDEGA, da Universidade de Santiago de Compostela, que presentou a nova programación dos traballos de elaboración do plan ata marzo de 2016.

A primeira etapa incluirá a análise do contorna e a evolución do sector nos últimos anos así como a valoración dos indicadores de execución do plan estratéxico 2015 que dirixiu a consolidación do propio clúster.

Asemade a xunta directiva avaliou incluír na estratexia novas áreas de actuación, en particular o desenvolvemento da fábrica 4.0 no sector alimentario galego, considerada un elemento estratéxico para a mellora da competitividade.