×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
A Xunta Directiva do Clúster Alimentario de Galicia aproba o Plan Estratéxico 2016- 2020

membros da Xunta Directiva do CLUSAGA na sede de Innolact

A xunta directiva do clúster celebrou hoxe unha xuntanza na sede de Innolact, en Castro de Rei, na que os integrantes, entre outros puntos, aprobaron o novo Plan Estratéxico 2016-2020 do Clúster Alimentario de Galicia.

O plan estratéxico, froito de seis meses de traballo do equipo redactor do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA USC) e das comisións de innovación e mercados do Clúster Alimentario de Galicia, define os obxectivos e eixes estratéxicos, así coma as medidas e actuacións para o período 2016-2020. Asemade o plan inclúe un plan financeiro e un plan de seguimento, avaliación e actualización co fin de cumprimentar os indicadores de execución, resultados e impacto establecidos.

Asemade a xunta aprobou o programa para a presentación do plan, que terá lugar o vindeiro 16 de xuño de 2016. Por outra banda, ratificáronse diversos trámites incluída a incorporación de novos asociados, a convocatoria do xurado da II Edición dos Premios Galicia Alimentación e a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación.