×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
A xunta directiva do Clusaga avalía no Campus Terra da USC o cumprimento do seu plan estratéxico

O Clúster Alimentario de Galicia, celebrou este mércores unha reunión da súa xunta directiva no Campus Terra da USC, onde os empresarios que integran o órgano de dirección de Clusaga participaron nunha recepción institucional ofrecida polos vicerreitores de Coordinación e Desenvolvento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Javier Bueno e Andrés Barreiro, respectivamente.

O presidente de Martín Códax S.A.U., Juan A. Vázquez Gancedo, que tamén preside a xunta directiva do Clusaga, aproveitou a primeira xuntanza que celebra Clúster Alimentario de Galicia na cidade amurallada para facer unha análise do cumprimento dos obxectivos fixados no seu plan estratéxico. A sesión, durante a trasladou aos empresarios presentes algúns dos indicadores que corroboran a boa saúde do sector no que atinxe á súa progresiva internacionalización, así como respecto á innovación, referentes que fan presaxiar expectativas positivas, dixo.

A reunión serviu tamén para perfilar aspectos relacionados coa próxima edición dos Premios Galicia Alimentación. Esta xuntanza de traballo, na que tamén se abordaron cuestións relativas a orzamentos, informe de actuacións, novos proxectos e balance de asociados, rematou cunha visita ao xacemento da Domus do Mitreo.

Xa en quenda de tarde, os empresarios do Clúster Alimentario de Galicia que forman parte da súa xunta directiva, entre os que figuran, ademais do presidente Juan Vázquez, a catedrática da USC Ángeles Romero; Andrés Rodríguez (Viña Costeira), Ignacio Losada (Clavo), Jesús Zapico (Innolact), Carlos Vila (Kiwi Atlántico), José Manuel Núñez (Torre de Núñez), Xosé Ramón Vázquez (Anfaco), e Higinio Mougán (Agaca) realizaron un xantar de traballo e tamén unha visita ás instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias do Campus Terra da USC.

O director da Aplta, Enrique Arbones, e o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, acompañaron á comitiva empresarial durante a visita ás instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC, onde puideron comprobar as potencialidades e capacidades que agroma este centro universitario. A ceo de TasteLab, Maruxa García; Enrique Alonso de Cafés Candelas, e Andrés Faiña, da UDC tamén participaron en calidade de asistentes convidados na reunión da xunta directiva do Clusaga.