×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
A Rede Galega de Riscos Emerxentes en Seguridade Alimentaria (Risegal) conta coa colaboración do Clúster Alimentario

USC, UVigo e UDC impulsan, xunto ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, dependente do CSIC, a Rede Galega de Riscos Emerxentes en Seguridade Alimentaria (Risegal), coa colaboración, entre outros, do Clúster Alimentario de Galicia.

A iniciativa constituíuse o pasado mércores 13 de decembro nunha sesión celebrada na sede do IIM en Vigo. Risegal terá por obxectivo identificar e explorar os riscos químicos e microbiolóxicos emerxentes en seguridade alimentaria en Galicia tendo en conta factores ambientais e socioeconómicos impulsores como o cambio climático, os novos hábitos de consumo, o envellecemento da poboación, a crise económica ou a globalización. Como fin último, emitirá unha serie de recomendacións e accións para previr a aparición deses riscos.

A este evento asistiron coordinados por Marta López Cabo e Juan J. Rodríguez do Grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños. MTPM do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, Jesús Simal Gándara do Grupo de Investigacións Agroambientais e Alimentarias. AA1. Uvigo., o Dr. Jesús L. Romalde do Grupo de Investigación de Patoloxía en Acuicultura. USC , a Dra Ana Gago Martínez do Grupo de Análise Químico e Toxicolóxico de contaminantes naturais e antropoxénicos presentes no medio ambiente e nos alimentos. UVigo Josefina Méndez Felpeto do Grupo de Xenética de Organismos Mariños. XENOMAR. UDC e o Dr. Santiago Pascual de Ecoloxía e Recursos Mariños. ECOMAR.

Como colaboradores do proxecto asistiron Anxela Pousa da Rede Galega de Vixilancia en Saúde Pública e Paula Álvarez do Clúster Alimentario de Galicia

Neste evento levouse a cabo a presentación dos diferentes membros do proxecto, así como os obxectivos, prazos e actividades a levar a cabo.

En tódolos eixos de traballo será fundamental a participación do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), que poderá asesorar sobre las ameazas e fortalezas do tecido de empresas de alimentación en Galicia en relación coa seguridade alimentaria, tendencias actuais e futuras de mercado, influencia da globalización. E tamén da Rede Galega de Vixilancia en Saúde Pública, que aportará o coñecemento derivado da súa vixilancia epidemiolóxica da saúde da poboación galega.