×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
A presidencia do Clúster Alimentario e a conselleira do Medio Rural definen ámbitos de colaboración

reunión da delegación do Clúster coa conselleira

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta tarde en San Caetano a unha delegación do Clúster Alimentario de Galicia presidida por Juan Vázquez coa finalidade de darlle a coñecer as principais liñas de actuación do Clúster Alimentario de Galicia recollidas no seu Plan Estratéxico e avaliar posibles ámbitos de colaboración.

En particular, na xuntanza analizáronse as actuacións no eido da promoción dos produtos galegos de calidade diferenciada e os proxectos no eido da innovación coa finalidade de obter produtos alimentarios máis seguros, sustentables, saudables e de calidade diferenciada.

Neste punto destacouse o compromiso de estreitar a colaboración do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), entidade adscrita á Consellería adicada á investigación e ao desenvolvemento tecnolóxico no sector alimentario, así mesmo o Instituto é o instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade.

Asemade a delegación presentou os proxectos deseñados polo Clúster Alimentario da Galicia para impulsar a innovación e a transferencia de coñecemento no sector produtor e transformador e o estudo completo da cadea de valor dos alimentos coma base das futuras liñas estratéxicas.

Finalmente no eido institucional destaca a colaboración definida para a organización da segunda edición dos Premios Galicia Alimentación que se entregarán no ano 2016.