×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
A misión comercial de China fomenta a promoción dos produtos galegos no mercado asiático

Presentación institucional da delegación chinesa

O Clúster Alimentario de Galicia, conxuntamente con Shanghai Galicia Business Consulting e coa colaboración do IGAPE, organizou a visita dunha delegación de cinco importadores e distribuidores orixinarios de China e Hong Kong interesados nos produtos alimentarios e os viños galegos.

O mercado chinés

China eríxese coma o obxectivo primordial para as exportacións galegas do sector de alimentación e bebidas grazas á puxanza e crecemento constante que rexistra este mercado asiático. De feito, China é por si soa o terceiro destino das exportacións españolas e rexistra unha das taxas máis elevadas de crecemento no medio e longo prazo. En concreto, nos últimos cinco anos, as exportacións a China incluíndo Hong Kong creceron un 25%. Mostrándose coma un gran mercado en franca expansión e que goza dunhas boas perspectivas de desenvolvemento.

A misión comercial

A acción encádrase dentro da estratexia do clúster de apoio á internacionalización das empresas galegas do sector, e supón a terceira misión comercial inversa de China organizada polo clúster. Durante os catro días que durou a misión os importadores participantes visitaron distintas empresas galegas do sector lácteo, hortofroitícola, vitivinícola e marindustria, nas que puideron coñecer de primeira man os produtos galegos e os procesos de elaboración.

Asemade no marco da visita organizouse unha xornada de presentación da Nova Ruta da Seda, iniciativa apoiada polo goberno chinés, co obxectivo de fomentar o comercio entre a Unión Europea e China dende a optimización loxística a través do desenvolvemento de novas conexións de ferrocarril transcontinentais.

A misión, a súa vez, enmarcase no plan de internacionalización do Clúster Alimentario de Galicia que identificou mercados obxectivo entre os que se atopa o chinés ademais doutros mercados extracomunitarios coma Estados Unidos, Canadá ou Xapón, que serán obxecto de diversas accións promocionais no período 2016-2017.