×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
A industria 4.0 clave na mellora da competitividade do sector alimentario galego

relatorio de Manuela García Pascual sobre o Programa de Industria Conectada 4.0

O workshop A Industria alimentaria conectada 4.0, organizado polo Clúster Alimentario de Galicia, centrado nas oportunidades de mellora competitiva e retos no avance cara a fábrica do futuro no sector, reuniu hoxe en Santiago de Compostela a varios representantes de centros de coñecemento e empresas.

A xornada de traballo é unha das actuacións iniciais previstas no Plan Estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia 2016-2020, asociada á medida de optimización de procesos e avance cara a industria do futuro. Asemade contou coa colaboración do Ministerio de Industria, Energía y Turismo, organismo que desenvolve o Programa Industria Conectada 4.0 e da Consellería de Economía, Emprego e Industria no marco da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0.

O workshop

A xornada foi inaugurada por Manuela García Pascual, da Secretaría General de Industria y Pymes do Ministerio de Industria, Energía y Turismo, que expuxo os programas e instrumentos de apoio do Ministerio, en particular o Programa Industria Conectada 4.0, subliñando que a industria está abocada a unha transformación dixital que afectará a tódolos sectores e tódalas empresas.

Os relatorios estiveron encadrados en dous bloques. Por unha banda contou coa presenza de relatores de dous centros tecnolóxicos vinculadas ás tecnoloxías e áreas de aplicación da fábrica 4.0, ANFACO CECOPESCA e AINIA, ca análise das novas tecnoloxías aplicadas a procesos na industria da alimentación 4.0. Por outra, coma casos de éxito de aplicacións reais, interviñeron dúas empresas, Innolact e Bodegas Martín Códax, participantes no proxecto piloto sectorial Industria 4.0 promovido polo CLUSAGA.

Para rematar, Norberto Penedo Rey, da Área de Competitividade do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), presentou os programas e instrumentos desenvoltos na aplicación da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 executada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria

Deste xeito, o workshop permitiu aos asistentes obter unha visión en profundidade das oportunidades de mellora no eido da fabrica 4.0 e analizar os programas de axuda para desenvolver proxectos neste área, así coma identificar sinerxías e novas liñas de traballo na conformación de grupos de traballo.