×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
A comisión de mercados e internacional reúnese no marco do Workshop Galicia Exporta 2018

O Clúster Alimentario de Galicia ven de celebrar hoxe en Santiago de Compostela a xuntanza da súa comisión de mercados e internacionalización no marco do Workshop Galicia Exporta 2018 onde se abordaron os principais retos da asociación no eido do acceso a novos mercados e a internacionalización.

A xornada que comezou coa benvida aos asistentes por parte de Juan Vázquez, presidente do CLUSAGA, focalizouse na análise dos resultados das actividades de internacional levadas a cabo na anualidade 2016-2017, e o grao de cumprimento dos obxectivos definidos no Plan Estratéxico do Cluster Alimentario de Galicia 2016-2020, así coma na aprobación dun programa de novas actuacións para a anualidade 2017-2018.

Asemade presentáronse dous proxectos singulares que buscan facilitar o acceso aos novos mercados e internacionalización dos socios do CLUSAGA. En primeiro lugar, a presentación aos socios do proxecto europeo NF4- New Frontiers in Food-Fast Forward. O proxecto é un acelerador de internacionalización para as PEMEs alimentarias innovadoras, impulsado por unha alianza de cinco clusters europeos Clusaga (España), Food Valley (Holanda), Valorial (Francia), Vitagora (Francia) e Wagralim (Bélxica) e que será financiado no programa europeo COSME ata o fin de 2019.

En segundo lugar, a proposta de proxecto para a creación dunha plataforma online de comercialización conxunta dos socios do Cluster, un marketplace de produtos alimentarios e bebidas galegos.

Workshop Galicia Exporta

O acto coincidiu asemade coa celebración do Workshop Galicia Exporta 2018: Axudas e Instrumentos para a internacionalización, no que se contou coa presenza de Agusto Álvarez-Borrás, director de internacionalización do IGAPE; Sergio Prieto, director territorial de ICEX; e Miguel A. Otero, presidente da Comisión de Mercados do Cluster e Juan Vázquez, Gancedo presidente do CLUSAGA, que analizaron os apoios dos que dispón as empresas do sector alimentario dende os diferentes organismos públicos e organizacións para a implementación das actuacións na estratexia de internacionalización.

Asemade o debate permitiu contrastar ideas e demandas e valorar proxectos comúns para o desenvolvemento futuro do sector alimentario galego.