×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Premio Galicia Alimentación ao produto innovador recoñece a calidade diferenciada a través do desenvolvemento de novos produtos caracterizados pola súa innovación, o seu potencial comercial, o seu deseño, a súa posibilidade de agregar valor aos produtos galegos e en particular a adaptación ás demandas do consumidor, con especial atención á relación entre nutrición e saúde.

Na primeira Edición do 2015, este premio foi concedido á Liña de Cociña de Mercado Infantil de Conservas Calvo destinada a nenos de entre 7 e 12 anos, na que se incluían receitas que resultan de gran interese pola súa formulación adaptada para nenos cunha dieta equilibrada, ademáis polo deseño e posibilidade de agregar valor aos produtos galegos.

Na segunda Edición do 2016 concedeuse este premio ao produto Calabizo da empresa Fiablone por ser o primeiro chourizo vexetal elaborado de forma tradicional, con aspecto, textura, arume e sabor ao chourizo tradicional, coa adaptación ás demandas do consumidor en liña coa tendencia crecente nos últimos anos de novos substitutos de carne e as declaracións saudables explícitas.

Na terceira Edición 2017 a empresa galardoada co premio foi Granja Campomayor co seu Ovo a Baixa Temperatura. É un novo produto innovador no mercado ao tratarse do primeiro ovo producido a escala industrial con estas características, xa que logo na actualidade o ovo a baixa temperatura é un produto elaborado en restaurantes de alta cociña de xeito limitado e no momento do seu uso.

Na cuarta Edición 2018 o gañador foi Portomar e o seu Abalón en conserva. Este produto empregado como materia prima é un produto cultivado nas Rias Altas Galegas, sendo a primeira e única conserveira de Europa en ofrecer este produto tan selecto. No amplo portfolio dos produtos de Conservas Portomar inclúense distintas receitas que recollen o mellor da centenaria tradición das conservas galegas e da innovación como a conserva de abalón.