×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O proxecto europeo New Frontiers in Food Fast Forward (NF4) é unha aceleradora de internacionalización para pemes agroalimentarias innovadoras, impulsado por unha alianza de cinco Clusters a nivel europeo: Wagralim (Bélxica); Valorial e Vitagora (Francia); Food Valley (Países Baixos) e Clusaga (España).

O obxectivo operativo do proxecto NF4 pasa por achegar ás pemes innovadoras das tres cadeas de valor definidas como estratéxicas (o mercado de alimentos conectados; o mercado de alimentos funcionais e ingredientes saudables e o mercado de produtos alimentarios procesados) aos usuarios finais especialmente nos mercados estratéxicos de Canadá, Estados Unidos, Brasil e China.

Este proxecto, cunha duración de 24 meses e un orzamento de 593.273€, prevé o desenvolvemento de servizos de apoio á internacionalización empresarial. Entre os principais servizos dos que se poderán beneficiar as pemes participantes atópanse a posibilidade de obter apoio financeiro directo (cheques para a participación en misións directas) e técnico (servizos de mentoring e coaching). Ademais do acceso a servizos de información de intelixencia de negocio e mercado ou a organización de eventos B2B ou tech road shows.

Pode consultar máis información no seguinte enlace