iALIMENTec, Innovación en alimentos y nutrición infantil desde un entorno colaborativo virtual, busca promover a competitividade das empresas a través da colaboraciónnun entorno virtual aberto (plataforma) facilitando o desenvolvemento de procesos colaborativos de apoio á innovación, con vistas a facilitar a elaboración a nivel piloto de novos alimentos, ou mellorados, destinados á poboación infantil por parte da industria alimentaria co apoio dos centros tecnolóxicos. Financiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.
O proxecto permitirá o desenvolvemento a nivel piloto de novos ou mellorados produtos alimentarios, incorporando as demandas, preferencias e necesidades específicas da poboación infantil.
Neste proxectoparticipan cinco PEMES alimentarias asociadas a Clusaga: Innolact, Campomayor, Portomuiños,Freshcut e Daveiga. O proxecto conta, así mesmo, coa estreita colaboración coa cadea de distribución GADISA; a AEI de Nutrición e Saúde (AINS), que dinamizará a participación de empresas de ingredientes alimentarios, así como outras entidades relevantes, como son: a Axencia Galega para a Xestión do Coñecementoen Saúde (ACIS), e a empresa de comedores escolares Grupo Hostaleiro ASUETO.